Historia de Angola

Historia de Angola

Mapa de Angola, Matamba e Benguela, c. 1731.
Historia Angola Angola
Cronoloxía Cronoloxía de Angola
Categoría Historia de Angola

A historia de Angola abrangue a historia de Angola e a dos seus estados predecesores. A zona da actual Angola estivo habitada durante as eras paleolíticas e neolíticas, como testemuñan os restos atopados en Luanda e no deserto do Namib. Ao comezo da historia rexistrada tamén chegaron outras culturas e persoas. Os primeiros en asentarse foron os san. Isto cambiou a principios do século VI, cando os bantús, xa en posesión da tecnoloxía do metal, a cerámica e a agricultura comezaron a migrar dende o norte. Cando chegaron ao que hoxe é Angola topáronse cos san e con outros grupos. O establecemento dos bantús levou moitos séculos e deu lugar a unha variedade de agrupacións que adoptaron diferentes características étnicas.

A primeira grande entidade política da zona, coñecida na historia como o Reino do Congo, apareceu no século XIII e estendíase dende Gabón polo norte ata o río Cuanza polo sur, e dende o Atlántico polo oeste ata o río Cuango ao leste. A riqueza do Congo procedía principalmente da agricultura. O poder estaba en mans dos Mani, aristócratas que ocupaban postos clave no reino e que só respondían ao todopoderoso rei do Congo. Mbanza era o nome dado a unha unidade territorial administrada e gobernada por un Mani; Mbanza Congo, a capital, tiña unha poboación de máis de 50 000 habitantes no século XVI.

O Reino do Congo estaba dividido en seis provincias e incluía algúns reinos dependentes, como Ndongo ao sur. O comercio foi a actividade principal, baseado nunha agricultura altamente produtiva e na crecente explotación da riqueza mineral. En 1482, carabelas portuguesas comandadas por Diogo Cão chegaron ao Congo[1] e este explorou a extrema costa noroeste do que hoxe é Angola en 1484.[2] Seguiron outras expedicións, e axiña se estableceron estreitas relacións entre os dous estados. Os portugueses trouxeron armas de fogo e moitos outros avances tecnolóxicos, así como unha nova relixión, o cristianismo; a cambio, o rei do Congo ofreceu moitos escravos, marfil e minerais. Ao longo século XV os colonos portugueses continuaron comerciando e estableceron un asentamento en Luanda durante o século XVI.

Portugal anexionou territorios na rexión que foron gobernados como colonia dende 1655, e Angola foi incorporada como provincia de ultramar de Portugal en 1951. Despois da guerra de independencia de Angola, que rematou en 1974 coa Revolución dos Caraveis en Lisboa, Angola acadou a independencia en 1975 mediante o Acordo de Alvor. Despois da independencia, Angola entrou nun longo período de guerra civil que durou ata 2002.

  1. Chisholm, Hugh (1911). Angola Encyclopædia Britannica 2. pp. 38–40. 
  2. Baynes, T. S. (1878). Angola Encyclopædia Britannica 2. Charles Scribner's Sons. p. 45. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search